Moraña
Coordenadas: 42°33′46″N 8°35′8″O / 42.56278, -8.58556
Moraña | |
---|---|
![]() |
|
![]() Casa do concello.
|
|
Situación | |
Xentilicio[1] | morañés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Caldas |
Poboación | 4.246 hab. (2017) |
Área | 41,3 km² |
Densidade | 102,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias |
Política (2015) | |
Alcaldesa | Luísa Piñeiro Arcos (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Moraña | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 75,79% |
Na rede | |
http://www.morana.org | |
Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 | 4.362 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 588 (13.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.732 (62.63 %) |
Maiores de 65 anos | 1.042 (23.89 %) |

Evolución da poboación de Moraña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
4.975 | 4.421 | 4.810 | 4.698 | 4.281 | {{{13}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes.
Moraña na cultura popular galega[editar | editar a fonte]
En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [3].
- Cantigueiro
- Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas [4]
- Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [5].
- Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [6].
- Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [7].
- Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [8][9].
- Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [10].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Moraña[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
- ↑ Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro.
- ↑ Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
- ↑ A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
- ↑ Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
- ↑ Bouza Brey 1929, 184.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moraña ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CASTRO, Xavier: Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Nigratrea, Vigo 2007.
- Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
|
|
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |