Antonio Montero Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Montero Fernández
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Uruguai Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Avión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Montero Fernández, nado no Uruguai en 1965, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É empregado de banca, está solteiro e non ten fillos.[1] Concelleiro en Avión polo PPdeG, foi o substituto de Francisco Gil Zamora logo do falecemento deste o 29 de maio de 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] Dende xaneiro do 2010 é tamén vicesecretario do PP en Ourense, posto para o que foi nomeado polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e novo presidente provincial, Xosé Manuel Baltar Blanco.[3] Ademais forma parte do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).[4] Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, que revalidou en 2015, 2019[5] e 2023.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Regidores en la provincia de Ourense Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, sen data. (en castelán)
  2. Concello de Avión[Ligazón morta]. www.ourensedixital.com, 07/2007. (en castelán)
  3. Baltar Blanco releva o seu pai á fronte do PP ourensán Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. www.anosaterra.org, 30/01/2010.
  4. Organigrama Consello Federal Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. www.fegamp.org, sen data.
  5. "Avión". fegamp.gal. Consultado o 12-6-2020. 
  6. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francisco Gil Zamora
 
Alcalde de Avión
 
2005 - actualidade
Sucesor:
no cargo