Xove
Coordenadas: 43°41′09″N 07°30′32″O / 43.68583, -7.50889
Xove | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | xovego/xovega xovense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
Poboación | 3.352 hab. (2022)[2][3] |
Área | 89,12 km²[3] |
Densidade | 37,61 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias e 86 lugares[4] |
Capital do concello | Xove |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Demetrio Salgueiro Rapa (PPdeG [6]) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 7 |
Eleccións municipais en Xove | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 78,71% |
Na rede | |
www.xove.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2020 tiña 3.277 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense[8].
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situación[editar | editar a fonte]
Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89,12 km².[9]
Orografía[editar | editar a fonte]
O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m).
Demografía[editar | editar a fonte]
Padrón municipal 2020 | 3.277 habitantes[9] |
---|---|
Menores de 15 anos | 336 (10,25 %) |
Entre 16 e 64 anos | 2.007 (61,25 %) |
Maiores de 65 anos | 934 (28,50 %) |

Evolución da poboación de Xove Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.816 | 3.711 | 4.062 | 3.607 | 3.603 | 3.518 | 3.496 | 3.512 | 3.497 | 3.456 | 3.424 | 3.376 | 3.342 | 3.314 | 3.273 | 3.277 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia[editar | editar a fonte]
Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.
O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.
Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual, pasando a capitalidade a Xove.
En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, quedando paralizada coa moratoria nuclear de 1985.
En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio por estar neste concello localizadas as oficinas da mesma.
Cultura[editar | editar a fonte]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
![]() | Suxeriuse que "Muíños de Xove" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Festas e celebracións[editar | editar a fonte]
- San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.
Paseo do río Rigueira.
Vista de Xove.
Lugares de Xove[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Xove".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xove". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 62. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ 9,0 9,1 "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (National Statistics Institute)". ine.es. Consultado o 2021-05-30.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xove ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Toponimia de Xove (en galego)
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |