Nós Pobra
| Nós Pobra | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Ideoloxía política
| |
|
Posición política
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Presidente/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Wikidata |
Nós Pobra é unha formación política asemblearia de ámbito municipal da Pobra do Caramiñal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presentouse como agrupación de electores ás eleccións municipais de 2015 para as que celebrou primarias nas que se elixiu o exnacionalista Xosé Lois Piñeiro como cabeza de lista. Logrou catro concelleiros con 1563 votos (27.4%) nun consistorio no que o Partido Popular perdeu a maioría absoluta despois de 16 anos[1], polo que a formación accedeu ao goberno co apoio do BNG e do PSdeG.[2], optando por un goberno minoritario en solitario. Posteriormente pasaría a engrosar o proxecto de En Marea.
Nas eleccións de 2019, Nós Pobra logrou a vitoria con 2019 votos (36,14%) e 5 concelleiros, revalidando o goberno e conformando unha coalición en minoría coa única edil do PSdeG. En outubro de 2020 uníronse ao goberno os dous concelleiros do BNG, polo que logrou gobernar en maioría tras 5 anos en minoría. Nas eleccións de 2023 a formación baixou ata os 1214 votos (23,05%) e 3 concelleiros, mais conseguiu reter o goberno co apoio de BNG, PSdeG e VIxP, se ben tanto Xosé Lois Piñeiro e a súa número 2 deberon renunciar á alcaldía (por esixencia de VIxP e BNG) en favor do número 3 da candidatura José Carlos Vidal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""O PP perde a maioría absoluta en Ribeira e na Pobra", Canal Rías Baixas, 25 de maio de 2015". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015.
- ↑ ""Piñeiro podría ser alcalde de Pobra si Nós Pobra se alía con el BNG" El Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015.