Placa que lembra a casa onde naceu o pai de Fidel Castro.
De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra[2].
En outubro do ano 2009 o PPdeG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía ao gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.