Enrique Cabaleiro González
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Enrique Cabaleiro González | |
---|---|
Lugar de nacemento | Tui |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito. É funcionario de prisións. Foi concelleiro de medio ambiente en Salceda de Caselas. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tui e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui [1]. En outubro de 2017 foi desaloxado da alcaldía por Carlos Vázquez Padín logo dunha moción de censura, cos votos do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses[2]. Despois das eleccións de 2019, que o PSOE gañou quedando moi preto da maioría absoluta, foi escollido de novo alcalde.[3][4]
Predecesor: Moisés Rodríguez Pérez |
![]() Alcalde de Tui 2015 - 2017 |
Sucesor: Carlos Vázquez Padín
|
Predecesor: Carlos Vázquez Padín |
![]() Alcalde de Tui 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El socialista Enrique Cabaleiro, alcalde de la historia de Tui con más votos de otros grupos
- ↑ "Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ El PSOE de Tui pierde la mayoría absoluta por un voto validado al PP que el domingo se contabilizó nulo. Faro de Vigo, 30/05/2019.
- ↑ Cabaleiro regresa a la Alcaldía de Tui 19 meses después. Atlántico Diario, 16/06/2019.