Concello de Conxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do antigo Concello de Conxo.

Conxo foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1835 e 1925 en que foi anexionadao ao concello de Santiago de Compostela.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello comprendía as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando e Marrozos. Parte do actual ensanche compostelán e das actuais parroquias de Vidán, Santa Marta e o Castiñeiriño foron escindidas na súa maior parte da de Conxo.

Lugares de Conxo cara a 1910[editar | editar a fonte]

En torno a 1910 Conxo estaba composto por as seguintes sesenta e seis entidades de poboación[1], distribuídas en oito parroquias:

Historia[editar | editar a fonte]

Constituíuse en 1835 como concello independente. Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar en 1856 con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre á cabeza. En 1925 foi anexionadao ao concello de Santiago de Compostela. o último alcalde de Conxo foi José Lema Martínez. Neste concello naceron a poetisa Rosalía de Castro (1837) e o toureiro Eduardo Nogueira Pereira, El Lavadito (1897).

Listaxe dos alcaldes de Conxo[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes que tivo o antigo Concello de Conxo. As datas de goberno expresadas son aproximadas[6].

Reinado de Isabel II[editar | editar a fonte]

Rexencia de María Cristina de Borbón (29/09/1833 - 17/10/1840)

  • 1837-1839: Domingo Fernández

Rexencia de Espartero (17/10/1840 - 23/07/1843)

  • 1840-1842: Juan Cajide Casal

Maioría de Idade (23/07/1843 - 03/05/1844)

Década Moderada (03/05/1844 - 18/07/1854)

  • 1850-1854: José Fernández Robles

Bienio Progresista (18/07/1854 - 14/07/1856)

  • 04/08/1854-??: suspensión do Concello de Conxo e agregación ao de Santiago
  • 1855-1856: Pedro Rodríguez (1ª vez)

Bienio Moderado (14/07/1856 - 30/06/1858)

  • 1856-1858: Tomás Seoane Pérez

Gobernos da Unión Liberal (30/06/1858 - 02/03/1863)

  • 1858-1860: Pedro Rodríguez (2ª vez)
  • 1860-1862: Domingo Aldrey

Crise Final (02/03/1863 - 19/09/1868)

  • 1863-1863: Manuel Villanueva
  • 1864-1868: Manuel Seoane Suárez (1ª vez)

Goberno Provisional[editar | editar a fonte]

Período que se estende entre o 19 de setembro de 1868 e o 2 de xaneiro de 1871.

  • 1868-1871: Bernardo Fontáns

Reinado de Amadeo I[editar | editar a fonte]

Período que se estende entre o 2 de xaneiro de 1871 e o 11 de febreiro de 1873.

  • 1871-1880: Manuel Seoane Suárez (2ª vez)

Primeira República[editar | editar a fonte]

Período que se estende entre o 11 de febreiro de 1873 e o 29 de decembro de 1874

Restauración borbónica[editar | editar a fonte]

Reinado de Alfonso XII (1874 - 1885)

  • 1880-1885: Antonio Vidal Mareque

Rexencia de María Cristina (1885 - 1902)

  • 1885-1887: Domingo Vidal Devesa
  • 1887-1889: Antonio Froilán Rey
  • 1889-1891: Santiago Rey
  • 1891-1892: Diego Albardonedo Varela
  • 1893-1900: Luis Torre de la Calle
  • 1900-1904: Manuel Seoane Suárez (3ª vez)

Reinado de Alfonso XIII (1902 - 1923)

  • 1904-1906: Ignacio Baliñas Pérez
  • 1907-1910: José Rey Villanueva
  • 1911-1913: Benito Vidal de la Iglesia
  • 1913-02/04/1920: José Rivas Seoane
  • 02/04/1920-04/05/1920: José Viaño
  • 04/05/1920-outubro de 1923: Antonio González Botas

Ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923 - 1930)

  • outubro a novembro de 1923: Comisión Militar
  • novembro de 1923-11/01/1924: Manuel Cepeda Ruibal
  • 11/01/1924-15/05/1925: José Lema Martínez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín, 1913, p. 8 e 39
  2. Actualmente, a Rúa de Frei Rosendo Salvado.
  3. Madoz Ibáñez, 1845, p. 975 (Tomo 5 OROSO-ROSENDE)
  4. Madoz Ibáñez, 1845, p. 1139 (Tomo 5 OROSO-ROSENDE)
  5. Madoz Ibáñez, 1845, p. 581 (Tomo 3 CORUTO-LAMAS)
  6. Lema Negrillo e Vilariño Vieites, 2009, p. 109-110

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madoz Ibáñez, Pascual (1845). Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Por Pascual Madoz. GALICIA. Madrid. pp. 1397 en 6 volumes. 
  • Martín, Alberto (setembro 1913). Alberto Martín Editor, ed. Portfolio Fotográfico de España. Cuaderno N.º 54. Santiago. Barcelona. p. 44. 
  • Lema Negrillo, Juan José; Vilariño Vieites, Alberto (2009). Asociación Amigos de Conxo, ed. Concello de Conxo (1836-1925): Unha historia esquecida. Santiago de Compostela. p. 111. 
  • Lema Negrillo, Juan José; Vilariño Vieites, Alberto; Mulet Rodríguez, Xosé L. (2012). Asociación Amigos de Conxo, ed. Conxo vía Carril. Santiago de Compostela. p. 121.