José Miñones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Miñones Conde")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Miñones
Nacemento17 de xullo de 1972
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.

José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG. Dende o 29 de marzo de 2021 é o Delegado do goberno en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Farmacia na USC e licenciouse en 1997. Doutor desde o ano 2001, foi bolseiro na Universidade de Sevilla e na de Santiago. É profesor de Fisicoquímica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.

Política[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro de Reforma Administrativa, Calidade da Administración, Novas Tecnoloxías e Sanidade no concello de Ames (2009-2011). Nas municipais de 2011 volveu ser elixido concelleiro e desde o 2012 foi portavoz do Grupo Municipal Socialista. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Ames, obtendo 4 concelleiros, pero foi elixido alcalde cos votos dos catro concelleiros de Ames Novo, dos tres de Contigo Pódese e os dous do BNG[1].

Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Ames.[2] Miñones renunciou á alcaldía[3] o 29 de marzo de 2021 ao darse a coñecer que sería nomeado Delegado do Goberno en Galicia no consello de ministros do día seguinte, relevando a Javier Losada de Azpiazu[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Santiago Amor
 Ames.svg
Alcalde de Ames
 
2015 - 2021
Sucesor:
Blas García Piñeiro


Predecesor:
Javier Losada
 Escudo de España.svg
Delegado do goberno en Galicia
 
desde 2021
Sucesor:
-