O Carballiño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Ourense | ||||
| Capital | O Carballiño | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 14.249 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 54 km² | ||||
| Altitude | 397 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Francisco Fumega Piñeiro (2019–) | ||||
| Eleccións municipais no Carballiño | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 32500 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 32019 | ||||
| Sitio web | carballino.gal | ||||
O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é carballiñés.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado nunha penechaira rodeada pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Carrás e o rego de Varille ou Carpacedo.
O punto máis alto do concello é o Pico Seco (908 m), sito na Serra da Madanela; na estrema ou trifinio cos concellos do Irixo e Piñor. Outros cumes destacados son o Pico da Peniza, tamén na Serra da Madanela, e a Pena Cobertoira, ao suroeste do núcleo urbano.
Demografía
[editar | editar a fonte]O Carballiño é o segundo concello máis poboado da provincia de Ourense.
| Censo total | 13 999 (2015) |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 1721 (12,29 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 8494 (60,68 %) |
| Maiores de 65 anos | 3784 (27,03 %) |

Fonte INE; 1857-2011
| Evolución da poboación de O Carballiño Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 8447 | 9274 | 9841 | 11039 | 13226 | 14.114 | 14.145 | 14.246 | 14.355 | 14.123 | 13.999 | 13.913 | 13.854 | 13.939 | 14.027 | 14.089 | ||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.
Cultura
[editar | editar a fonte]No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).
Festas
[editar | editar a fonte]- Festa do polbo - 2º domingo de agosto.
- Festas patronais do San Cibrao, (festas do setembro).
Deporte
[editar | editar a fonte]O Club Deportivo Arenteiro é o principal club de fútbol da cidade; en 2023 o equipo masculino ascendeu á Primeira División RFEF. O Sporting Carballiño, fundado en 2012, é o outro club da vila e xoga na Primeira Galicia.
O Carballiño FS xoga na terceira división de fútbol sala.
O Carballiño na literatura popular
[editar | editar a fonte]- O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [2].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [3].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [3].
- Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do Carballiño.
- Igrexa da Vera Cruz, á tardiña.
- Lateral da igrexa.
- Mosteiro de San Pedro de Lobás.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Carballiño
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.
- 1 2 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Carballiño |
