Fernando Suárez Barcia
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | abril de 1973 Uruguai |
| 2007 – 2023 ← Balbino Pérez Vacas – Daniel Vega Pérez → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Ribadeo |
| Ocupación | político |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Fernando Suárez Barcia, nado no Uruguai en abril de 1973, é un político ribadense vinculado ao nacionalismo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Estudou o ensino medio en Ribadeo, no IES Porta da Auga, facendo logo Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela.[1] É funcionario do concello da Veiga, onde sacou a praza ós 21 anos.[2] Membro do Bloque Nacionalista Galego, foi concelleiro en 1999, e logo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Urbanismo en Ribadeo con 30 anos[2] nun goberno presidido polo socialista Balbino Pérez Vacas (2003).

Nas eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde, cando obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no concello (sobre 13), cos que formou grupo de goberno. Dende 2011 é alcalde de Ribadeo con maioría absoluta ao conseguir 7 concelleiros de 13 e a revalidou nas de 2015 (10 de 17) e 2019 (7 de 13).
En decembro de 2022 anunciou que non se presentaba ás eleccións de 2023, sendo substituído na lista do BNG para ditas eleccións por Pablo Vizoso Galdo.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fernando Suárez Barcia" (en inglés). Consultado o 24-11-2018.
- 1 2 https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-19). "«Este luns recupero a miña vida, xa son unha persoa anónima máis»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-19.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-12-17). "Fernando Suárez pone punto final a 16 años como alcalde del BNG en Ribadeo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-12-18.
- ↑ "Fernando Suárez cierra una etapa en Ribadeo al renunciar a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-18. Consultado o 2022-12-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Balbino Pérez Vacas |
Alcalde de Ribadeo 2007 - 2023 |
Sucesor: Daniel Vega Pérez |