Muras
Coordenadas: 43°28′01.8″N 7°43′22.2″O / 43.467167, -7.722833
Muras | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento do río Landro na serra do Xistral.
|
|
Situación | |
Xentilicio[1] | muresán (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Terra Chá |
Poboación | 648 hab. (2017) |
Área | 163,8 km² |
Densidade | 3,96 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias |
Capital do concello | Muras |
Política (2015) | |
Alcalde | Manuel Requeijo Arnejo (BNG) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Muras | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 90,23% |
Na rede | |
muras.gal | |
ayuntdemuras@terra.es | |
Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 684 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos coma Ferrol, A Coruña ou Lugo.
Historia[editar | editar a fonte]
Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.
O municipio constituíuse como tal en 1835, estando integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado ao de Vilalba.
En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada en un rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non está integrada no conxunto.
A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 684 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 26 (3.8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 370 (54.09 %) |
Maiores de 65 anos | 288 (42.1 %) |

Evolución da poboación de Muras Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
3.272 | 3.085 | 3.129 | 2.228 | 978 | 830 | 784 | 754 | 723 | 696 | 684 | 668 | {{{13}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía[editar | editar a fonte]
A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, destacando a as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.
Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.
Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.
-
Placa da Praza de Cándida Bello, no Viveiró
Lugares de Muras[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muras ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |