Saltar ao contido

O Incio

Modelo:Xeografía políticaO Incio
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°39′24″N 7°21′49″O / 42.656666666667, -7.3636111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalA Cruz do Incio Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.524 (2023) Editar o valor en Wikidata (10,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie146,09 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude740 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataHéctor Manuel Corujo González Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais no Incio Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27346 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27024 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodeoncio.com Editar o valor en Wikidata

O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1797 habitantes (2236 no 2006, 2297 no 2005, 2358 no 2004, 2406 no 2003). O xentilicio é inciao ou inciense.[1]


Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 146,09 km².[2] Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.

No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.

  • Montes: Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
  • Ríos: Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoi, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.
  • Regatos: Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara), San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freixeiro e Nogueirido.
  • Precipitacións: 1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
  • Temperatura media anual: 12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1797 (2014)
Menores de 15 anos 82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)
Evolución da poboación de O Incio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8137 7010 6253 4155 2358 2.087 1.956 1.875 1.822 1.797 1.777 1.740} 1.667 1.609 1.570 1.533 1.521
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.[3]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.

Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.

Patrimonio culturual

[editar | editar a fonte]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
  • Santa Lucía, na Cervela.
  • San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.

O Incio conta cun equipo de fútbol, chamado O Incio Terra Brava Club de Fútbol, que milita na Segunda Galicia e que xoga os seus partidos como local no campo do Carboeiro. Anteriormente o concello xa contara con equipo de fútbol, o CD O Incio, que existiu entre 1995 e 2003 e que competiu tamén na tempada 2004-05.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.

Lugares do Incio

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Incio vexa: Lugares do Incio.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 49. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 03-05-2021. Consultado o 26-04-2021. 
  3. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía. ISSN 1576-2661. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.