San Vicenzo, A Baña, A Baña
San Vicenzo | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°57′44″N 8°45′29″O / 42.9621, -8.758 |
Poboación | 280 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicenzo é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2016 tiña 280 habitantes (133 homes e 147 mulleres), 63 menos ca en 2009 (167 homes e 176 mulleres).
É a capital do concello, polo que acolle diversos servizos como a casa consistorial, o CPI Avelino Pousa, a escola de música, o centro médico, a Casa da Cultura (obra pía), o Colexio Cuba (actual rexistro), o campo de fútbol de Cartas ou o pavillón de deportes. No lugar están tamén a igrexa parroquial e a capela das Dores (obra pía).
Paisaxe[1]
[editar | editar a fonte]Sitúase na zona central da parroquia rodeada polo río Baña e polo río de Suevos. O núcleo urbano de San Vicenzo basea as súas principais características na existencia de servizos urbanísticos e de numerosos equipamentos que regulan diariamente a actividade municipal. No medio urbano destaca a presenza de edificacións colectivas con tipoloxías urbanas, sobre todo arredor do antigo trazado da estrada AC-444.
En canto a paisaxe agrícola trátase de cultivos extensivos e de horta en parcelas de tamaños desiguais, algunhas bastante pequenas a pesar da concentración parcelaria e nun estado de traballos importante.
Notas
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Baña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |