Eduardo Parga Veiga
Eduardo Parga Veiga | |
---|---|
Nacemento | 1965 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eduardo Parga Veiga,[1][2] nado en 1965, é un político galego do PPdeG
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi nomeado líder do PPdeG de Malpica logo da morte repentina do seu compañeiro José Manuel Vila. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Malpica de Bergantiños e foi elixido alcalde grazas ao apoio de Alfredo Cañizo, concelleiro de AIM[3]. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2015. Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía, que foi para Walter Pardo Añón do PSdeG-PSOE[4]. Porén, recuperou a alcaldía tras unha moción de censura apoiada por Alfredo Cañizo, anteriormente socio dos socialistas e edil non adscrito.
Predecesor: José Ramón Varela Rey |
![]() Alcalde de Malpica de Bergantiños 2011 - 2019 |
Sucesor: Walter Pardo Añón |
Predecesor: Walter Pardo Añón |
![]() Alcalde de Malpica de Bergantiños 2021 - actualidade |
Sucesor: no cargo |