Teixeiro, Curtis, Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°08′31″N 08°02′19″O / 43.14194, -8.03861

Teixeiro
CEIPTeixeiro.JPG
CEIP de Teixeiro.
ParroquiaCurtis
ConcelloCurtis
Poboación1055 hab. (2014)

Teixeiro é un lugar da parroquia de Santa Eulalia de Curtis e é capital do concello de Curtis.

Características[editar | editar a fonte]

Polo lugar pasa a vía férrea, que ten parada na estación de Teixeiro, inaugurada en 1875. A comezos do século XX instalouse na zona unha fábrica de elaboración de compoñentes do arsénico, LLOFRA. Creouse un polígono industrial, sobre os antigos terreos da siderúrxica Sidegasa, que pechou en 1988. No ano 2000 inaugurouse o Centro penitenciario de Teixeiro.

Ao acoller a capitalidade municipal ten servizos públicos sanitarios, deportivos e culturais. A nivel educativo a localidade conta cunha gardería pública da rede da Xunta, A galiña azul e o CEIP de Teixeiro. Rematada dita etapa o alumnado cursa a educación secundaria no IES de Curtis.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais da Virxe dos Remedios celébranse o 8 e 9 de setembro e as da Xuventude o segundo ou terceiro fin de semana de xullo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Curtis.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Curtis[editar | editar a fonte]

Parroquias de Curtis[editar | editar a fonte]