Cervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°40′17.75″N 7°24′38.61″W / 43.6715972°N 7.4107250°W / 43.6715972; -7.4107250

Cervo
Bandeira de Cervo---Escudo de Cervo
Encoro de Sargadelos 3.JPG

Encoro da antiga fábrica de Sargadelos.
Situacion Cervo.PNG
Situación
Xentilicio[1] cervense
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Mariña Occidental
Poboación 4.369 hab. (2014)
Área 78,3 km²
Densidade 55,8 hab./km²
Entidades de poboación 6 parroquias
Política (2015)
Alcalde Alfonso Villares Bermúdez
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Cervo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 59,23%
Na rede
www.concellodecervo.com

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».


Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 4.369 (2014)
Menores de 15 anos 389 (8.9%)
Entre 15 e 64 anos 2.943 (67.36%)
Maiores de 65 anos 1.037 (23.73%)

Evolución da poboación de Cervo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
4.838 4.532 5.069 9.639 4.978 4.595 {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cervo está situado ao norte da provincia de Lugo, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.

Historia[editar | editar a fonte]

No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.

Escudo de Cervo[editar | editar a fonte]

Escudo de Cervo

O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:

«De sinople (verde) un cervo de ouro (amarelo), vilenado de gules (vermello); xefe de azur (azul) cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata (en branco). Ao timbre, corona real pechada»
Diario Oficial de Galicia nº 200 de 16 de novembro de 2001 [3]

Economía[editar | editar a fonte]

Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.

O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).

Festas[editar | editar a fonte]

Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.

O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cervo.

Lugares de Cervo[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervo vexa: Lugares de Cervo.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cervo


Concellos da Comarca da Mariña Occidental Comarca da Mariña Occidental
Cervo
Cervo
Ourol
Ourol
O Vicedo
O Vicedo
Viveiro
Viveiro
Xove
Xove