Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
| |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Pontevedra | ||||
| Capital | A Estrada | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.940 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 450,39 km² | ||||
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei[1]. A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Esta comarca de 450,39 km²[2] sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 2020 a poboación era de 23.659 habitantes[2], dos cales 20.351 vivían no concello da Estrada,[3] o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 1981 e 2016 a comarca perdeu de 13.474 habitantes (un terzo da poboación).[4]
| Padrón municipal 2020 | 23.659 habitantes[2] |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 2.611 (11,04 %) |
| Entre 16 e 64 anos | 13.937 (58,91 %) |
| Maiores de 65 anos | 7.111 (30,06 %) |
Os lugares máis poboados da comarca no 2020 eran os seguintes:[5]
| Lugar | Poboación |
|---|---|
| A Estrada | 8.386 |
| Figueiroa de Arriba | 963 |
| Forcarei | 468 |
| Soutelo de Montes | 405 |
| Berres | 156 |
| Os Bolos | 147 |
| Godoi-Carricova e Fondevila | 112 |
| Renda e Traspedra | 101 |
Historia
[editar | editar a fonte]A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede episcopal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Orraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Concellos
[editar | editar a fonte]Política e goberno
[editar | editar a fonte]Escanos tras as eleccións de 2023
[editar | editar a fonte]| Concello | PPdeG | PSdeG-PSOE | BNG | MOVETE |
|---|---|---|---|---|
| Forcarei | 5 / 11 |
5 / 11 |
1 / 11 |
non presenta candidatura |
| A Estrada | 13 / 21 |
5 / 21 |
2 / 21 |
1 / 21 |
| Total | 18 / 32 |
10 / 32 |
3 / 32 |
1 / 32 |
Alcaldías tras as eleccións de 2023
[editar | editar a fonte]| Partido | Número alcaldías | Concellos no que goberna |
|---|---|---|
| PPdeG | 2 / 2 |
A Estrada, Forcarei (tras a moción de censura en xullo de 2025) |
Escanos tras as eleccións de 2019
[editar | editar a fonte]Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou o concello da Estrada[6] mentres que o PSdeG-PSOE o de Forcarei[7].
| Concello | PPdeG | PSdeG-PSOE | BNG | MOVETE | BNG-Foro Forcarei | Compromiso por Galicia |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Forcarei | 5 / 11 |
5 / 11 |
coalición con Foro Forcarei | non presenta candidatura | 1 / 11 |
non presenta candidatura |
| A Estrada | 12 / 21 |
6 / 21 |
1 / 21 |
2 / 21 |
non presenta candidatura | 0 / 21 |
| Total | 17 / 32 |
11 / 32 |
1 / 32 |
2 / 32 |
1 / 32 |
0 / 32 |
Alcaldías tras as eleccións de 2019
[editar | editar a fonte]| Partido | Número alcaldías | Concellos no que goberna |
|---|---|---|
| PPdeG | 1 / 2 |
A Estrada |
| PSdeG-PSOE | 1 / 2 |
Forcarei |

Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes
- Localización da comarca en Galicia.
- Municipios e localización da comarca na provincia de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Docampo, Lois (2025-06-06). "¿Y qué hacemos con Cerdedo?". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-11-17.
- 1 2 3 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Estrada, A". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Forcarei". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-16.
