Sandra Quintas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sandra Quintas Vázquez»)
Infotaula de personaSandra Quintas
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Bande, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Bande
2020 –
← José Antonio Armada Pérez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sandra Quintas Vázquez[1], nada en Bande o 28 de decembro de 1982[2], é unha política e mestra galega, alcaldesa de Bande polo PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Bande[1], e licenciouse en Psicopedagoxía e diplomouse en Maxisterio na Universidade de Sevilla[1]. En 2007 comezou a traballar como mestra en distintos colexios da provincia de Ourense. Vinculada ao Partido Popular, en xaneiro de 2019 foi designada[2] xefa territorial de Cultura e Turismo, ou sexa, coordinadora provincial da consellaría homónima. Concorreu ese ano tamén como número 3 da lista do PPdeG ás eleccións municipais de Bande, e saíu elixida concelleira.

En marzo de 2020 o alcalde de Bande, José Antonio Armada, renunciou[3] para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia que estaban previstas para o 5 de abril dese mesmo ano, e que non se chegaron a realizar. Quintas pasou a ser alcaldesa en funcións[4]. Cunhas semanas de atraso pola ocorrencia da epidemia de covid-19, o pleno municipal escolleu a Sandra Quintas como sucesora de Armada. Nas municipais de 2023 encabezou candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.


Predecesor:
José Antonio Armada
 
Alcaldesa de Bande
 
2020 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sandra Quintas Vazquez". www.facebook.com. Consultado o 2020-05-30. 
  2. 2,0 2,1 "Sandra Quintas, jefa territorial en Ourense de la nueva Consellería de Cultura e Turismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-23. Consultado o 2020-05-30. 
  3. Región, La (2020-03-01). "José Antonio Armada renuncia como alcalde de Bande". La Región (en castelán). Consultado o 2020-05-30. 
  4. Región, La (2020-05-30). "Sandra Quintas Vázquez: “Me gustaría fomentar el orgullo de ser banduense"". La Región (en castelán). Consultado o 2020-05-31.