Manuel González López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel González López

Escudo Outes.svg
Alcalde de Outes
Actualmente no cargo
Dende o 2019

Datos persoais
Nacemento Rates, Outes Galicia Galicia
Partido Compromiso Outes
Profesión Profesor de universidade e político

Manuel González López, nado en Rates (Outes) en novembro de 1975,[1] doutor en economía e político galego de Compromiso Outes.[2] É o alcade de Outes dende o ano 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado e Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ampliou estudos na University of Manchester no Reino Unido e realizou visitas de investigación en Dinamarca e Francia, entre outros países. Ademais do traballo no ámbito académico, conta con experiencia nas áreas de Cooperación para o Desenvolvemento e de Proxectos Europeos.[Cómpre referencia]

Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Compromiso Outes á alcaldía do concello de Outes; o seu partido foi a forza máis votada con 5 concelleiros, o que lle permitiu saír elixido alcalde.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jamardo, J. M. (16-06-2019). "O novo alcalde de Outes apelou ao diálogo e á colaboración". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2019. Consultado o 17-06-2019. 
  2. "Compromiso Outes ultima a lista coa que concorrerá á cita de maio". La Voz de Galicia. 05-03-2019. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2019. Consultado o 17-06-2019. 
  3. "Manuel González López". Praza Pública. Consultado o 17-06-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
María Beatriz Molinos Vidal
 Escudo Outes.svg
Alcalde de Outes
 
2019 -
Sucesor:
no cargo