Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′21″N 7°37′25″O / 42.52250, -7.62361

Pantón
Escudo de Pantón
HPIM1435.JPG
A casa do Concello, en Ferreira de Pantón
Situacion Pantón.PNG
Situación
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Terra de Lemos
Poboación 2.708 hab. (2014)
Área 143,2 km²
Densidade 18,91 hab./km²
Entidades de poboación 26 parroquias
Capital do concello O Castro de Ferreira
Política (2015)
Alcalde José Luis Álvarez Blanco
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Pantón
Uso do galego[1] (2011)
Galegofalantes 76,11%
Na rede
concellodepanton.es

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 2.708 habitantes (1.372 homes e 1.488 mulleres), o que supón unha diminución en 76 habitantes en relación ao ano anterior.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 2.708 (2014)
Menores de 15 anos 134 (4.95 %)
Entre 15 e 64 anos 1.312 (48.45 %)
Maiores de 65 anos 1.262 (46.6 %)

Historia[editar | editar a fonte]

A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

O concello de Pantón goza dun gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica.

Restos castrexos:

  • O castro de Santa Mariña, situado na parroquia de Eiré.[2]
  • O castro de Bornogueiras, situado na parroquia de Pantón.[2]
  • O castro de Toldaos, situado na parroquia de Toldaos.[2]

Restos da cultura megalítica:

  • Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle.
  • Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda.
  • Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro.

Festas locais[editar | editar a fonte]

  • Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro, o 5 de agosto.[4]
  • Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón, o segundo domingo de setembro.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Pantón.

Lugares de Pantón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pantón vexa: Lugares de Pantón.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pantón

Acedre (San Romao) | Atán (Santo Estevo) | Cangas (Santiago) | Castillón (Santiago) | Deade (San Vicente) | Eiré (San Xulián) | Espasantes (Santo Estevo) | Ferreira de Pantón (Santa María) | Frontón (San Xoán) | Mañente (San Mamede) | Moreda (San Romao) | Pantón (San Martiño) | Pombeiro (San Vicente) | Ribeiras de Miño (Santo André) | San Fiz de Cangas (San Fiz) | San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Següín (Santo André) | Serode (San Xulián) | Siós (San Martiño) | Toiriz (Santa María) | Toldaos (San Xoán) | Tribás (San Martiño) | Vilamelle (San Cibrao) | Vilar de Ortelle (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Xunta de Galicia (12 de xullo de 1991). "Diario Oficial de Galicia". Diario Oficial de Galicia. 
  3. "Concello de Panton". concellodepanton.es (en inglés). Consultado o 2017-02-08. 
  4. "Concello de Pantón". 
  5. "Concello de Pantón". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca da Terra de Lemos Comarca da Terra de Lemos
Bóveda
Bóveda
Monforte de Lemos
Monforte de Lemos
Pantón
Pantón
A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón
O Saviñao
O Saviñao
Sober
Sober



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.