Alejandra Pérez Máquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandra Pérez Máquez
Nome completoAlejandra Pérez Máquez
Nacemento1971
Lugar de nacementoLondres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Alejandra Pérez Máquez, nada en Londres en 1971, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleira de Bergondo polo PSdeG-PSOE, era primeira tenente de alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes. Foi unha das máis estreitas colaboradoras do alcalde José Fernández Ramos. Logo do seu falecemento en maio de 2008 foi elixida alcaldesa de Bergondo[1]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, sendo elixida alcaldesa co apoio de Veciños de Bergondo (VB) e BNG. Nas municipais de 2015 foi a candidatura máis votada, pasando de 4 a 5 concelleiros, e gobernou en minoría ata decembro de 2016, cando estableceu un pacto de goberno con Anova. Nas eleccións municipais de 2019 gañou con 6 concelleiros e volveu a acadar a alcaldía,[2] gobernando en coalición con Alternativa dos Veciños, partido no que se integraron os concelleiros de Anova cos que gobernara no anterior mandato. Nas municipais de 2023 baixou a 4 concelleiros e foi reelixida grazas ao apoio de Alternativa dos Veciños.[3][4]


Predecesor:
José Fernández Ramos
 
Alcaldesa de Bergondo
 
2008 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alejandra Pérez Máquez será la nueva alcaldesa de Bergondo
  2. "Bergondo". www.fegamp.gal. Consultado o 2024-01-29. 
  3. Vilar, Mónica P. (19 de xuño de 2023). "La elección de los nuevos alcaldes: fin de las dudas en Ourense o Cambados, sorpresa en concellos como Ramirás, Mugardos o Cabanas, y guiones cumplidos en Santiago, Vigo o Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023. 
  4. Redacción (17 de xuño de 2023). "Estos son los alcaldes y alcaldesas de A Coruña y su área". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]