Jorge Canda Martínez
Jorge Canda Martínez | |
---|---|
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | A Lama |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jorge Canda Martínez, nado na Lama en 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Axente de seguros e antigo militante e candidato do CDS en 1987, nas eleccións municipais de 1991 e de 1995 encabezou a lista do PSdeG-PSOE coma independente, alcanzando a alcaldía Lama neses últimos comicios mediante un pacto cunha forza independente. Nas municipais de 1999 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde. Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno pasáronse ao grupo mixto e en 2002 formalizaron o seu ingreso no PPdeG[1]. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta encabezando a lista de PPdeG nas sucesivas eleccións.
Predecesor: Manuel Rial González |
![]() Alcalde da Lama 1995 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|