Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] A partir do ano 2009, cando contaba con 800 subscritores, estudouse a posibilidade de deixar de imprimilo en papel. Finalmente, o artigo 13 do Decreto 198/2010 conferiulle á edición electrónica do DOG o carácter de "oficial, auténtico e único", e dende o 2 de maio de 2011, deixouse de imprimir en papel, existindo só a versión dixital dende entón.[3][4]