Saltar ao contido

Laza

Modelo:Xeografía políticaLaza
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°03′38″N 7°27′41″O / 42.060555555556, -7.4613888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalLaza Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.167 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie216 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude482 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Ramón Barreal Novo Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Laza Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32039 Editar o valor en Wikidata

Páxina weblaza.es Editar o valor en Wikidata

Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1.287 (2018)
Menores de 15 anos 61 (4.74 %)
Entre 15 e 64 anos 627 (48.72 %)
Maiores de 65 anos 599 (46.54 %)
Evolución da poboación de Laza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.405 4.262 4.573 3.034 1.800 1.570 1561 1541 1487 1449 1424 1377 1331 1287
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe prerrománica[Cómpre referencia].

No concello hai varios sitios arqueolóxicos da idade de bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade de ferro desenvolveuse a cultura castrexa, O castro de Laza está á beira do camiño secundario que enlazaba as vías 17 e 18 do itinerario de Antonino.[1], desde Alberguería cara á serra de San Mamede[2]

La singularidad de este castro está en su relación con el oppidum, único en toda la Vía Romana Secundaria IV, de Chaves (Portugal), a Baños de Molgas, en la provincia de Ourense, al que es obrigado considerar como prototipo de lo que es y significa un castro natural, sin construcciones aparentes, situado en un lugar estratégico, con un entorno geográfico también singular, elegido previamente por los pueblos primitivos pre-celticos, celtas y romanos, de quienes quedan vestigios.
Antonio-Augusto Diéguez Añel: Támega (páx. 14)

Outros poboados castrexos do concello son:

  • Castro dos Mouros (asentamento fortificado; Soutelo Verde)
  • A Coroa (asentamento fortificado; Carraxó)
  • A Cidadella (asentamento fortificado; Carraxó. Próximo a unha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación)
  • Lombo da Cerca (asentamento fortificado; Trez)
  • O Castro (asentamento fortificado; Alberguería)
  • A Picota (asentamento; Camba)

As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.

Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:

  • A Coroa (explotación aurífera en aluvión; Camba)
  • Os Casarellos (asentamento; Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta)
  • Cabeza de Cántara (explotación mineira, tamén puido ser aurífera; Cerdedelo)
  • Vasilla de Carraxó (cerámica; Carraxó)
  • Ara anepígrafa da Alberguería
  • As Minas Vellas de Arcucelos

Na Idade Media, segundo sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra Mari Hernández, La gallega escribe:

“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....

En 1777, no libro Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense, Pedro González de Ulloa sinala:

“El Duque mi señor pone Corregidor, Escribanos de número, y ministros con jurisdicción sobre la mayor parte de los vecinos; comprendiendo también las parroquias de Castro, Cerdedelo, Campo de becerros, y la sobredicha de Retorta. Y todas concurren a la audiencia de Laza; en donde reside el Corregidor…..”

Sobre o couto xurisdicional de Alberguería, tiña o poder o Arcediago de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explican como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.

No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.

Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Laza.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Laza

A Alberguería (Santa María) | Camba (San Salvador) | Carraxo (San Bieito) | O Castro de Laza (San Pedro) | Cerdedelo (Santa María) | Laza (San Xoán) | Matamá (Santa María) | Retorta (Santa María) | Toro (San Lourenzo) | Trez (Santiago)

Lugares de Laza

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.

  1. Taboada Chivite, X. (1953): "Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza.
  2. Fernández Costas, M. e Fuentes Canal, M. (1926): "Unha nova vía romana", revista Nós, nº 35 (15 novembro), páx. 4-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]