Cereixa, A Pobra do Brollón
Cereixa | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′08″N 7°25′18″O / 42.552222222222, -7.4216666666667 |
Área | 7,5 km² |
Poboación | 157 hab. (2011) |
Densidade | 20,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres), agrupados en 11 entidades de poboación, cunha densidade de 20,93 hab./km². A súa poboación diminuíu notablemente dende 1991, cando tiña 227 habitantes.
Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.
Historia
[editar | editar a fonte]Na zona de Alende hai restos do castro de Alende. Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.
A parroquia foi concello ata a organización actual dos concellos co proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833, polo que en 2021 cumpriu o seu bicentenario[2])
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Pedro, de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas.[3]
- Capela de Nogueiras.
- Castro de San Lourenzo. No poboado fortificado construíuse unha capela na Idade Media, con sepulcros ao seu redor. Foi rehabilitada en 1876 e despois abandonada. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo unha explotación de grava e area.[4]
- Castro de Alende.[5]
Festividades
[editar | editar a fonte]As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cereixa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cereixa no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
A Albariza | Alende | As Areas | Cima de Vila | A Estación | O Falcón | A Fonte | Guntiñas | Nogueiras | Rairos | A Zapateira |
Parroquias da Pobra do Brollón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ II Festival científico do CSIC na Pobra do Brollón, conmemorando o bicentenario do concello
- ↑ Igrexa de San Pedro de Cereixa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "O castro". San Lourenzo. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 03 de agosto de 2022.
- ↑ Castro de Alende na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ayán Vila, Xurxo M. (2005). "Etnoarqueoloxía e microhistoria dunha paisaxe cultural. A parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo)". Cuadernos de Estudios Gallegos 52 (118): 117–172. ISSN 0210-847X.