Adolfo Campos Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1970 (54 anos) Lalín, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Adolfo Campos Panadeiros |
Adolfo Campos Vázquez, nado en Lalín o 4 de marzo de 1970, é un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Adolfo Campos Panadeiros, quen fora empresario e alcalde de Dozón moitos anos. É o conselleiro-delegado de NuCamSA, unha empresa de abonos e fertilizantes, e das súas sociedades dependentes, todas elas creadas e dirixidas inicialmente polo pai. Foi concelleiro de Dozón e primeiro tenente de alcalde. Viña presidindo os plenos municipais desde principios de 2020 pola saúde do alcalde e pai. En xuño de 2020 Adolfo Campos Panadeiros dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e o seu fillo fíxose cargo da alcaldía.[1] O 13 de xullo de 2020 foi elixido alcalde de Dozón.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Adolfo Campos deja la Alcaldía de Dozón tras 33 años en el cargo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
- ↑ "La mayoría popular elige nuevo alcalde de Dozón a Adolfo Campos Vázquez". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-07-13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Adolfo Campos Panadeiros |
Alcalde de Dozón 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |