Antonio Fernández Angueira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xullo de 1975 A Ponte |
| 2011 – 2023 ← Camilo Forján Seoane – Anxo Rey Arca → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Padrón |
| Ocupación | avogado, político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Antonio Fernández Angueira, nado na Ponte (Iria Flavia, Padrón) o 4 de xullo de 1975, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado de profesión, especializado en Dereito tributario e financeiro, abriu o seu primeiro despacho no Milladoiro en 2003, e posteriormente outros bufetes con outros socios en Padrón e A Estrada. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato na lista do PPdeG de Padrón encabezada por Jesús Villamor Calvo e foi elixido concelleiro, sendo o portavoz na oposición. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En xuño de 2012 estableceu un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista, ata que estes racharon o pacto en marzo de 2014, polo que volveu gobernar en minoría. Nas eleccións municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votada e gobernou en minoría ata marzo de 2017, cando volveu establecer un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista.
En decembro de 2017 os membros do PG integráronse no PPdeG[1], polo que concurriron xuntos baixo as siglas populares nas municipais de 2019 e volveu acadar a alcaldía[2], nesta ocasión con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi derrotado polo PSdeG e perdeu a alcaldía en favor do candidato socialista Anxo Arca.
| Predecesor: Camilo Forján Seoane |
Alcalde de Padrón 2011 - 2023 |
Sucesor: Anxo Arca |