Saltar ao contido

Concello de Vilameá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Vilameá
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1834 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Localización
 Situado en
Wikidata

Vilameá foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1834 e 1963 en que se fusionou no concello da Pontenova.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é o latín Villam Medianam, que é a vila situada no medio.[1]

En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo oficial de Puente Nuevo, e en 1963 fusionouse co concello de Viloudriz, chamándose até 1979 Puente Nuevo-Villaodrid. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.

  1. ↑ edu.xunta.gal (ed.). "Apuntes de Toponimia (Latín II)" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022.