Vilamartín de Valdeorras
Coordenadas: 42°24′56″N 07°03′33″O / 42.41556, -7.05917
Vilamartín de Valdeorras | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vilamartinés - valdeorrés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 1.825 hab. (2022)[2][3] |
Área | 88,3 km²[3] |
Densidade | 20,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 11 parroquias[4] |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | Enrique Álvarez Barreiro (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 53,72% |
Na rede | |
http://www.vilamartindevaldeorras.es | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 1.793 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello está situado ao nordeste da provincia de Ourense (a 106 km da capital ourensá) e ao norte da comarca de Valdeorras a 7 km do Barco de Valdeorras.
Está situado no val do río Sil, e conta cun relevo moi accidentado, con altitudes mínimas de 300 metros e cumios de 1.200 m (serra do Eixe, ao sur), 1.236 m (serra dos Cabalos, ao norte, 1.540 m (monte de Montouto) ou 1.600 m (Lastra).
A orografía está conformada por pedra calcaria, lousa e cuarzo. Estas formacións rochosas, así como o encoro de Santiago, inflúen na climatoloxía, favorecendo a formación de microclimas húmidos con trazos continentais e unha forte influencia mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas coma o castiñeiro, ou a sobreira con fragas repoboadas de piñeiro.
A abundancia de zonas húmidas favorece a migración de especies como o mergullón cristado, garzas, cegoñas ou galiñas de auga.
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total (habitantes) | 1.793 (2014) |
Menores de 15 anos | 104 (5.8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.022 (57 %) |
Maiores de 65 anos | 667 (37.2 %) |

Evolución da poboación de Vilamartín de Valdeorras Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
3.866 | 4.190 | 4.059 | 3.126 | 2.472 | 2.164 | 2.047 | 1.988 | 1.826 | 1.793 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia[editar | editar a fonte]
Coñecida simplemente como Vilamartín, en 1916 a vila pasou a ser chamada Vilamartín de Valdeorras para distinguila doutros concellos de España. Entre eles están Villamartín (Cádiz), o antigo Villamartín de Villadiego (Burgos), Villamartín de Campos (Palencia) e Villamartín de Don Sancho (León).[8]
Cultura[editar | editar a fonte]

En 1914 o historiador e xurista Nicolás Tenorio Cerero publicou o libro La aldea gallega. Nel describe os costumes e tradicións do partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilamartín de Valdeorras.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Vilamartín de Valdeorras[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilamartín de Valdeorras vexa: Lugares de Vilamartín de Valdeorras.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilamartín de Valdeorras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2023". Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilamartín de Valdeorras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilamartín de Valdeorras ![]() |
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |