Comarca do Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Ribeiro
Comarca Ribeiro.png
Provincia Provincia de Ourense
Capital Ribadavia
Área 406,9 km²
Poboación 16.547 hab. (2016)
Densidade 40,67 hab./km²
Concellos A Arnoia
Avión
Beade
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Cenlle
Cortegada
Leiro
Melón
Ribadavia.
Xentilicio ribeiro/ribeira

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2016 16.547 habitantes
Menores de 16 anos 1.237 (7.48 %)
Entre 15 e 64 anos 9.038 (54.62 %)
Maiores de 65 anos 6.272 (37.90 %)

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

O Ribeiro na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [1].
  • Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [2].
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [3].
  • O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [3].
  • O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [3].
  • O viño do Ribeiro non ten compañeiro [3].
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [3].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [3].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
Cantigueiro
  • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  2. Marcial Valladares Núñez (1884)'
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]