Xunqueira de Ambía
Coordenadas: 42°12′17″N 07°44′07″O / 42.20472, -7.73528
Xunqueira de Ambía | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
| ||||
Situación | ||||
Xentilicio[1] | xunqueirao | |||
Xeografía | ||||
Provincia | Provincia de Ourense | |||
Comarca | Comarca de Allariz - Maceda | |||
Poboación | 1.374 hab. (2020)[2][3] | |||
Área | 60,2 km²[3] | |||
Densidade | 22,82 hab./km² | |||
Entidades de poboación | 6 parroquias e 40 lugares[4] | |||
Capital do concello | Xunqueira de Ambía | |||
Política (2019[5]) | ||||
Alcalde | José Luis Gavilanes Losada (PPdeG[6]) | |||
Concelleiros | PPdeG: 6 Outros: IX 3 | |||
Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía | ||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||
Galegofalantes | 87,35% | |||
Na rede | ||||
www.xunqueiradeambia.org | ||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo en 2017 | Habitantes | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Menores de 16 anos | 97 (6.75 %) | 44 | 53 |
Entre 16 e 64 anos | 719 (50 %) | 395 | 324 |
Maiores de 64 anos | 622 (43.25 %) | 282 | 340 |
Total | 1.438 | 721 | 717 |

Evolución da poboación de Xunqueira de Ambía Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
4.208 | 4.369 | 4.981 | 3.031 | 1.934 | 1.789 | 1.697 | 1.649 | 1.620 | 1.546 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello, de 60,2 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz. O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.
Historia[editar | editar a fonte]
Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.
Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.
A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)[8], San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueriros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.[9]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xunqueira de Ambía.
|
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Xunqueira de Ambía[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Xunqueira de Ambía".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de españa (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xunqueira de Ambía". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía en Turgalicia.
- ↑ Peto de Ánimas de Salgueiros en Turgalicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunqueira de Ambía ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barros Guede, José. Historia y arte de Xunqueira de Ambía, 2004, 144 p., ISBN 978-84-609-1514-0