Corcubión, Corcubión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°56′37″N 9°11′32″O / 42.94361, -9.19222

Corcubión
Corcubión, Corcubión.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloCorcubión[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación1365 hab. (2018)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Marcos de Corcubión[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1365 habitantes (792 mulleres e 673 homes), nunha soa entidade de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é orixinariamente románica do século XII. Porén, ao longo da historia sufriu diversas ampliacións e reformas. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Conserva restos románicos na capela maior, así como nos seus canzorros historiados, pero o seu estilo maioritario é gótico mariñeiro, sendo a capela maior data do século XIV e a nave e abovedada do segundo cuarto do século XV.

No primeiro terzo do século XVIII construíronse as capelas do cruceiro (Virxe do Socorro) e da sancristía (Virxe do Carme), de estilo barroco. Cando os franceses saquearon a vila, a igrexa sufriu un incendio que arrasou todo o seu interior. Ao longo do século XIX a torre sineira viuse afectada en tres ocasións por diversos raios; deles, o máis grave produciuse en 1885, coincidindo coa festividade de San Xosé, que ocasionou tres mortos e máis de 60 feridos. Ademais da torre, afectou á fachada e ao tellado.

A segunda sancristía, o baptisterio e a fachada (deseñada por Domingo Rodríguez Sesmero) son do último cuarto do século XIX, de estilo neogótico.

Está presidida pola imaxe de San Marcos da Cadeira, unha talla gótica da escola veneciana da segunda metade do século XV.

Ten planta de salón rectangular, de nave única, e unha capela maior rectangular. A nave divídese en catro tramos mediante tres arcos apuntados con arestas. Os arcos repousan en semicolumnas apegadas, rematadas en capiteis decorados con follas talladas esquematicamente. A nave leva unha cuberta de madeira a dúas augas. A Capela Maior cóbrese con bóveda de cúpula (de influxo bizantino) que vai sobre nervios diagonais volteados sobre columnas encostadas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

San Marcos de Corcubión. 
Pórtico da igrexa de San Marcos de Corcubión. 
Campanario da igrexa de San Marcos. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Corcubión[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Corcubión no concello coruñés de Corcubión

Corcubión

Parroquias de Corcubión[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Corcubión

Corcubión (San Marcos) | Redonda (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]