Saltar ao contido

Comarca de Morrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comarca do Morrazo»)
Modelo:Xeografía políticaComarca de Morrazo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°18′N 8°42′O / 42.3, -8.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación82.020 (2024) Editar o valor en Wikidata (583,19 hab./km²)
Xentiliciomorracense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie140,64 km² Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 153789 BNE: XX453658

A comarca do Morrazo[1] ou de Morrazo[2][3] é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.[4]

É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia).[5] Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).[6]

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo.

Municipios

[editar | editar a fonte]

Os municipios que forman a comarca do Morrazo son:

Nome do
concello
Poboación
(2001)[7]
Poboación
(2011)[8]
Poboación
(2018)[9]
Bueu 12,350 12,339 12,148
Cangas 23,981 26,332 26,487
Marín 24,997 25,357 24,362
Moaña 17,887 19,277 19,448
Total 79,215 83,305 82,445
  • Bueu: Municipio de 11.950 habitantes[10] situado ó noroeste.
  • Marín: Municipio de 24.242 habitantes[10] situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña.
  • Moaña: Municipio de 19.452 habitantes[10] situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros.
  • Cangas: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel 26.708 persoas.[10] É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da comarca baséase no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 34.000 persoas.

Delas teñen emprego 29.821 (xuño do 2022) e están desempregadas 5.630.[11]

O Morrazo posúe varios portos:

Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.

Porto de Cangas: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.

Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.

Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no concello de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta ten numerosas praias e quilómetros de costa.

Sectores produtivos na Comarca do Morrazo
Sector primario 8,76 %
Sector secundario 23,43 %
Sector Terciario 67,74 %

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación do Morrazo era de 82.439 habitantes no 2021. A comarca conta cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Ao longo da década dos anos dez do século XXI, o concello de Marín foi superado polo de Cangas en poboación.[12] O número de habitantes de Cangas mantívose á alza durante todo o século XXI, experimentando un crecemento constante durante os anos. Caso semellante, pero menos importante en canto a cifras foi Moaña que mantivo unha lixeira tendencia ascendente, mentres que pola contra no de Bueu e especialmente no de Marín a tendencia foi descendente.[12]

Padrón municipal 2020 82.226 habitantes[11]
Menores de 15 anos 11.328 (13,78 %)
Entre 16 e 64 anos 53.340 (64,87 %)
Maiores de 65 anos 17.558 (21,35%)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo
  1. "Decreto del DOG nº 63 de 03/04/1997 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-03-04.
  2. "Nomenclátor de Galicia 2026". Real Academia Galega. Consultado o 2026-04-11.
  3. "Motivacións dos cambios de nomes de concellos no Nomenclátor de Galicia de 2026" (PDF). Real Academia Galega. Consultado o 2026-04-11.
  4. biblioteca.galiciana.gal (ed.). "O Morrazo (Comarca)". Consultado o 21 de febreiro de 2025.
  5. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
  6. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
  7. Censo do 1 de novembro de 2001: Instituto Nacional de Estatística, Madrid.
  8. Censo do 1 de novembro de 2011: Instituto Nacional de Estatística, Madrid.
  9. Estimación do 1 de xaneiro de 2018: Instituto Nacional de Estatística, Madrid.
  10. 1 2 3 4 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
  11. 1 2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.
  12. 1 2 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-09.