Vila de Cruces
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Pontevedra | ||||
| Capital | Vila de Cruces | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.033 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 154,5 km² | ||||
| Altitude | 827 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Luís Taboada Sánchez | ||||
| Eleccións municipais en Vila de Cruces | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 36590 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 36059 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | viladecruces.org | ||||
Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra). O concello ten 28 parroquias e 141 núcleos de poboación[1].
Segundo o IGE no ano 2024 tiña 5.033 habitantes[2].
O seu xentilicio é crucés ou carbiao[3].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o padrón municipal de habitantes a poboación en 2024 era de 5.033 persoas.
| Censo total | 5.556 (2015) |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 452 (8.14 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.269 (58.84 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.835 (33.03 %) |
| Evolución da poboación de Vila de Cruces Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 9.924 | 9.284 | 11.068 | 9.041 | 6.779 | 6.475 | 6.325 | 6.085 | 5.934 | 5.676 | ||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]A prehistoria local é evidenciada pola presenza de castros e mámoas dispersos polo concello, na súa maior parte xa destruídos.
Destaca a necrópole megalítica de Oirós, un conxunto de máis de quince mámoas que foron escavadas no ano 1973 nunha actuación dirixida polo arqueólogo Xosé Carlos Sierra[4] e impulsado polo sacerdote local Nicolás Alvarellos,[5] no que foi a primeira escavación da arqueoloxía galega contemporánea.[6] Entre os anos 1975 e 1976, arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela descubriron na zona dolmens de planta circular e poligonal. Este campo de mámoas data en torno ao ano 2.300 a.C. e enmárcase no megalitismo final. Entre os restos funerarios atopados no xacemento constan un coitelo de sílex, puntas de frecha, láminas de ouro e fragmentos cerámicos.[7]
Idade contemporánea
[editar | editar a fonte]A redistribución territorial causada pola Constitución de 1812 divide o territorio de Vila de Cruces en cinco concellos: Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces.[8] Na división de Galicia en catro provincias en 1822, estes concellos englóbanse na provincia de Vigo, que máis tarde cambiaría a súa capitalidade a Pontevedra.[9]
Na redistribución territorial de 1835 que deixa ao partido xudicial de Lalín con seis concellos, a parroquia de Carbia obtén a capitalidade do municipio, que se denominou concello de Carbia ata o 19 de setembro de 1944, cando o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.[10]
Cultura
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa a fin de semana seguinte ó 4 de agosto (agás se é sábado que pasaría a ser o seguinte).
- Entroido
Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.
- Gastronomía
Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.
Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Vila de Cruces.
-
Monumento en honor á Festa do Galo de Curral
-
Igrexa
-
Galería
-
Cruceiro
-
Rúa de Vila de Cruces
Nados en Vila de Cruces
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Categoría:Nados en Vila de Cruces.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vila de Cruces
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fichas municipais. Vila de Cruces.". Xeoportal da Deputación de Pontevedra. Consultado o 4/12/2025.
- ↑ "Padrón municipal de habitantes. Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2024.". IGE. Consultado o 4/12/2025.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 63. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "El Concello pondrá en valor el Marco do Camballón". Faro de Vigo. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ "Entrevista: "Mi tío, el párroco de Oirós, predicaba de una manera diferente a los chavales, que era la que llegaba de verdad"". Faro de Vigo. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ "Oirós celebrará el viernes 20 de junio la primera edición de la Festa das Mámoas". Faro de Vigo. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ "Historia. Primeiros tempos.". Concello de Vila de Cruces. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ "Vila de Cruces". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ Burgueño Rivero, Jesús (1995). "La génesis de la división territorial contemporánea en la España atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria y El Bierzo)". Ería. Revista cuatrimestral de geografía. (36): 5–33. Consultado o 1/12/2025.
- ↑ "Historia. Das xurisdiccións ó municipalismo.". Concello de Vila de Cruces. Consultado o 1/12/2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vila de Cruces |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
