Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
 Chantada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Chantada nas eleccións municipais de 1995, despois de unir aos dous grupos do PP de Chantada. Conseguiu a maioría absoluta e foi proclamado alcalde. Repetiu a maioría absoluta nas municipais de 1999 e 2003. En 2007 perdeu a alcaldía en favor dunha coalición PSdeG - BNG. Foi deputado provincial.

Non congreso local do PP de Chantada de novembro de 2008 foi derrotado por Susana López Abella, que asumiu a presidencia da agrupación local[1]. En outubro formalizou o abandono do grupo municipal do PP chantadino, xunto con outros tres dos seis concelleiros populares.

Presentouse ás eleccións municipais de 2011 encabezando a candidatura de Independentes Terras do Asma (INTA) e obtivo a alcaldía grazas a ser a lista máis votada.

Nas Eleccións Xerais de 28 de abril de 2019, despois de regresar ao Partido Popular, foi elixido senador pola provincia de Lugo.

Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019.

Nas eleccións municipais de 26 de maio de 2019, foi elixido alcalde de Chantada obtendo a súa candidatura 7 dos 13 concelleiros da corporación.


Predecesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
 Chantada.svg
Alcalde de Chantada
 
1995 - 2007
Sucesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
Predecesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
 Chantada.svg
Alcalde de Chantada
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]