Comarca de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca de Bergantiños
Comarca Bergantiños.png
Provincia Provincia da Coruña
Capital Carballo
Área 742 km²
Poboación 68.928 hab. (2014)
Densidade 92,89 hab./km²
Concellos Cabana de Bergantiños
Carballo
Coristanco
A Laracha
Laxe
Malpica de Bergantiños
Ponteceso
Xentilicio bergantiñán, bergantiñá

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico.

Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.

Economía[editar | editar a fonte]

Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca. Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens. Entre os espazos naturais salientar o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.

Concellos da comarca de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Bergantiños

1
2
3
4
5
6
7
8
Concello Poboación
(2016)
Extensión
(km²)
Densidade
(hab./km²)
Cabana de Bergantiños.svg Cabana de Bergantiños 4.446 99,8 46,32
Escudo de Carballo.svg Carballo 31.256 186,8 167,49
Escudo de Coristanco.svg Coristanco 6.426 141,1 47,53
Escudo de Laracha.svg A Laracha 11.295 125,8 90,96
Laxe.svg Laxe 3.148 36,9 86,91
Escudo de Malpica de Bergantiños (La Coruña).svg Malpica de Bergantiños 5.768 61,4 93,94
Escudo de Ponteceso.svg Ponteceso 5.616 91,9 64,12
Bergantiños 67.955 742 92,89

Concellos da Comarca de Bergantiños.PNG

Poboación[editar | editar a fonte]

Con 68.928 habitantes en 2014, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 45% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 3.207 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.

Concello N.º de
parroquias
Habitantes
1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2014
Cabana de Bergantiños 10 6.991 7.167 6.291 6.009 5.689 5.199 4.865 4.623
Carballo 18 25.713 26.962 26.033 27.287 28.497 29.985 31.303 31.288
Coristanco 15 10.314 10.271 9.334 8.416 8.098 7.582 7.102 6.706
A Laracha 13 11.710 12.007 10.521 10.791 10.666 10.803 11.337 11.443
Laxe 6 3.654 3.786 3.479 3.616 3.575 3.489 3.366 3.207
Malpica de Bergantiños 8 8.549 8.560 7.950 7.443 7.172 6.567 6.102 5.768
Ponteceso 14 8.714 8.607 8.035 7.663 7.118 6.588 6.134 5.893
Total 84 75.645 77.360 71.643 71.225 70.815 70.213 70.209 68.928

Fonte[1]: IGE e Instituto Nacional de Estatística

Censo total 2014 68.928 habitantes
Menores de 15 anos 8.053 (11.68 %)
Entre 15 e 64 anos 43.442 (63.02 %)
Maiores de 65 anos 17.433 (25.29 %)

Principais núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

Vista da vila e do porto de Caión

No ano 2014, os principais núcleos de poboación por concello eran[2]:

Historia[editar | editar a fonte]

Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se poiderón datar derón unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios[3]) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.

Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.

Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos IGE. Consultado o 30/10/2015.
  2. Nomenclator INE. Consultado o 30/10/2015 (en castelán)
  3. Fernández Carrera, Xan X. (2001). Descubre A Comarca de Bergantiños. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.