Mario Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mario Rodríguez González»)
Infotaula de personaMario Rodríguez
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Esgos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Esgos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMiguel Ángel Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Mario Rodríguez González, nado en Esgos en 1959, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local, sobriño de Manuel Ángel Rodríguez[1], político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, e irmán de Miguel Ángel Rodríguez González, tamén alcalde de Esgos, Mario Rodríguez estudou Maxisterio e diplomouse.

Afiliaouse ao PP dende 1977[Cómpre referencia]. Foi candidato a concelleiro de Esgos polo PPdeG nas eleccións municipais de 2003, saíu elixido e ocupou o posto de tenente de alcalde entre 1999 e 2003. Foi xerente na Mancomunidade da Ribeira Sacra.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Esgos e foi elixido alcalde con maioría absoluta obtendo todos os concelleiros (9-0). Renovou o cargo, sempre con maioría absoluta nas eleccións de 2015 (8-1) e nas eleccións de 2019 (8-1).


Predecesor:
Manuel Blanco Pérez
 
Alcalde de Esgos
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Huete, Cristina (2012-07-22). "La maraña dinástica del baltarismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-01-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]