Xinzo de Limia
Coordenadas: 42°03′50″N 07°43′26″O / 42.06389, -7.72389
Xinzo de Limia | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | limiao - limego - límico |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 9.637 hab. (2020)[2][3] |
Área | 132,7 km²[3] |
Densidade | 72,62 hab./km² |
Entidades de poboación | 20 parroquias e 35 lugares[4] |
Capital do concello | Xinzo de Limia |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Elvira Lama Fernández (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: ÁXIL 2, XA 1, C'S 1 |
Eleccións municipais en Xinzo de Limia | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 75,38% |
Na rede | |
xinzodelimia.es | |
concello@xinzodelimia-ayto.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».
Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo total | 10.043 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.352 (13.46 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.100 (60.74 %) |
Maiores de 65 anos | 2.591 (25.8 %) |

Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE), 1857-2011
Evolución da poboación de Xinzo de Limia Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
5.622 | 8.495 | 10.200 | 10.544 | 9.869 | 10.161 | 10.329 | 10.358 | 10.307 | 10.200 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia[editar | editar a fonte]
Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Finalmente recobrada por Fernando II, pasando a constituír un condado.[Cómpre referencia]
En 1927 o concello de Moreiras incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.
Entroido[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Entroido de Xinzo de Limia.
Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración. Iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo. A procesión do Meco ten lugar desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional.
O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo. A noite das mulleres reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares.
O domingo corredoiro saen as pantallas. Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. Este martes ten lugar o desfile de entroido. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón.
O ciclo péchase o domingo de piñata.
Política municipal[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Eleccións municipais en Xinzo de Limia.
O 11 de outubro de 2010 o pleno municipal elixiu como novo alcalde ao popular Antonio Pérez, logo da dimisión do senador Isaac Vila Rodríguez, que foi alcalde durante 25 anos. O 21 de marzo de 2018 Pérez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[8] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[9]
Xinzo na literatura popular[editar | editar a fonte]
- Home de Xinzo e boi de Vilar, non se afán en calquera lugar [10].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xinzo de Limia.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Xinzo de Limia[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xinzo de Limia vexa: Lugares de Xinzo de Limia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Xinzo de Limia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xinzo de Limia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (2001).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xinzo de Limia ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |