Baños de Molgas
| Baños de Molgas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes[1] (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003). O xentilicio é molgao, molgués ou molguense.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]| Censo total (habitantes) | 1.623 (2017) |
| Menores de 15 anos | 77 (4.75 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 809 (49.85 %) |
| Maiores de 65 anos | 737 (45.41 %) |

| Evolución da poboación de Baños de Molgas Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 4786 | 5659 | 5677 | 3647 | 2038 | 1807 | 1825 | 1774 | 1727 | 1675 | 1658 | 1648 | 1623 | 1547 | 1519 | 1493 | 1483 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus[3] do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.
A capela de Santa Eufemia de Ambía, templo medieval con ventás arcos de ferradura, está declarada monumento nacional.
No santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo celébrase unha romaría a principios de setembro.
Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.
Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.
Baños de Molgas na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Adios Baños, adios Baños,/ adios Baños minerales;/ eu déixoche o meu diñeiro/ pero voume cos meus males [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Baños de Molgas.
- Casa do concello.
- Placa altimétrica na casa do concello.
- Centro de saúde.
- Interior da igrexa de Santa Eufemia de Ambía.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baños de Molgas
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baños de Molgas vexa: Lugares de Baños de Molgas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baños de Molgas. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 31. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Mansiones y mutilaciones de la Vía Nova Arquivado 25 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. Refírese a uns baños minerais que existían en Baños de Molgas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baños de Molgas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
