Concello de Xeve
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xeve.
| Localización | |||
|---|---|---|---|
| Estado | España | ||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||
| Provincia | provincia de Pontevedra | ||
| Datos históricos | |||
| Disolución | 1944 | ||
| Sucedido por | Pontevedra | ||
Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, integradas as tres no concello de Pontevedra desde 1944. Queda como testemuña o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.
En 1847, data da primeira acta conservada, o alcalde era Alberto Gómez. O 20 de abril de 1931, trala chegada da II República Española, foi nomeado alcalde Lino Tilve Corbacho. O último mandatario foi Benito Rivas Hermida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O antigo concello de Xeve Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., na web do concello de Pontevedra.