Pablo Rivas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) Caborrecelle, España |
Alcalde de Portomarín | |
outubro de 2021 – ← Juan Serrano Circunscrición electoral: Portomarín | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político , arquitecto técnico |
Pablo Rivas Folgueira, nado en Caborrecelle (Portomarín) en 1989, é un arquitecto técnico e político galego do PPdeG, que ademais é alcalde de Portomarín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pablo Rivas graduouse como arquitecto técnico na Universidade da Coruña, e dedícase profesionalmente a esa actividade.
Nas eleccións municipais de 2015 concorreu por primeira vez a unhas eleccións e ocupou o sexto posto[1] na candidatura do PPdeG á alcaldía de Portomarín, pero non saíu elixido[2]. Nos comicios de 2019 repetiu na candidatura, pero nesta ocasión de número 2: o PPdeG acadou a maioría absoluta, e Rivas pasou a ser concelleiro e primeiro tenente de alcalde. A mediados do mandato, en outubro de 2021, o alcalde Juan Serrano dimitiu alegando que xa cumprira os seus obxectivos[3], e Pablo Rivas converteuse no novo alcalde.
Predecesor: Juan Serrano |
Alcalde de Portomarín 2021 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O PP presenta a súa aposta continuísta en Portomarín para revalidar a maioría absoluta". PP de Lugo. Consultado o 2022-03-26.
- ↑ "Pablo Rivas, futuro alcalde de Portomarín: "O listón que deixa Serrano está moi alto"". El Progreso de Lugo (en castelán). 2021-10-19. Consultado o 2021-10-19.
- ↑ "Juan Serrano dimite como alcalde de Portomarín y deja paso a su segundo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-18. Consultado o 2021-10-18.