Saltar ao contido

Alfredo García Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo García Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Oblanca, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Federación Galega de Municipios e Provincias
2015 – 2019
← Xosé Manuel ReyAlberto Varela Paz →
Alcalde do Barco de Valdeorras
1999 – 2025
← Julio GurriaránAurentino Alonso Araújo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Alfredo Laudelino García Rodríguez,[1] nado en Oblanca de Luna (Sena de Luna, na provincia de León) en 1953, é un político galego e leonés do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre[2]. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE no Barco de Valdeorras en 1987, sendo o responsable da área de Cultura. En abril de 1989 presentou a súa dimisión como edil.

Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco de Valdeorras e foi a forza máis votada con 6 concelleiros. Foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros socialistas máis os 2 do BNG e o de Unidade Ourensá[3]. Inicialmente gobernou en minoría co edil de Unidade Ourensá, ata que en xuño de 2000 tamén se sumaron ó goberno os edís do BNG e pasaron a gobernar en maioría[4]. Nas municipais de 2003 sumou ás listas do PSdeG-PSOE ó edil de UO, Luís Arias, que xa fora membro socialista, e volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión con 9 concelleiros e maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2007 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, nesta ocasión con 10 concelleiros. Nese mandato foi novamente designado deputado provincial, sendo ademais o portavoz do grupo do PSdeG-PSOE na Deputación.

Nas municipais de 2011 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, logrando 9 concelleiros. Nese mandato foi elixido vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nas municipais de 2015 revalidou a alcaldía, de novo con maioría absoluta, alcanzando os 10 concelleiros. En novembro dese mesmo ano foi elixido presidente da FEGAMP. Nas municipais de 2019 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta e 10 concelleiros. Concorreu ás primarias para Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense en xaneiro de 2022, mais foi derrotado polo ata entón Secretario Xeral Rafael Rodríguez Villarino. Nas municipais de 2023 revalidou de novo alcaldía con maioría absoluta, logrando 9 concelleiros. En agosto de 2025 anunciou a súa renuncia á alcaldía.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É viúvo e ten dúas fillas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Julio Gurriarán Canalejas
 
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1999 - 2025
Sucesor:
Aurentino Alonso
Predecesor:
Xosé Manuel Rey
 Presidente da Fegamp 
2015 - 2019
Sucesor:
Alberto Varela Paz