Alfonso Villares Bermúdez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de maio de 1970 Cervo, España |
| 2023 – 4 de xuño de 2025 (dimisión) ← Rosa Quintana – Marta Villaverde Acuña → | |
| 2007 – 2023 – Dolores García Caramés → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Cervo |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. A partir de 1999 formou parte do equipo de goberno de Cervo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015[1] e nas de 2019[2], tras as cales ademais foi vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia[3].
Dimisión
[editar | editar a fonte]O día 4 de xuño do 2025 anunciou a súa dimisión tras ser investigado por un suposto caso de abuso sexual con submisión química[4]. Desta maneira, perdeu a súa condición de aforado e será investigado pola vía ordinaria[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alfonso Villares foi proclamado alcalde de Cervo no acto de constitución da nova corporación". cronica3.com. 13-6-2015. Consultado o 14-9-2019.
- ↑ "SALUDO DEL ALCALDE". concellodecervo.com (en castelán). Consultado o 14-9-2019.[Ligazón morta]
- ↑ Alfonso Villares, hasta ahora alcalde de Cervo, nuevo conselleiro do Mar: sorpresa grande y grata en A Mariña: su perfil
- ↑ Diario, Nós (2025-06-06). "A denuncia que provocou a dimisión do conselleiro do Mar estaría fundamentada nun delito de agresión sexual por submisión química". Nós Diario. Consultado o 2025-06-07.
- ↑ David Lombao (4 de xuño de 2025). "Dimite o conselleiro do Mar ao ser imputado tras unha denuncia por agresión sexual". Praza.gal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L. Felipe, Cristina (13 de setembro de 2010). "Alfonso Villares: Un dos meus retos é a construción dun porto deportivo digno e de envergadura". El Progreso. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2011.
| Predecesor: José Ínsua Pernas |
Alcalde de Cervo 2007 - 2023 |
Sucesor: Dolores García Caramés |
| Predecesor: Rosa Quintana |
Conselleiro do Mar 2023 - 2025 |
Sucesor: Marta Villaverde |