Andrés Díaz Sobral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1976 (48 anos) Ponte Caldelas, España |
Alcalde de Ponte Caldelas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Andrés Díaz Sobral, nado en Ponte Caldelas o 13 de febreiro de 1976, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Técnico especialista en robótica. Con 17 anos alistouse no exército e estivo destinado en Bosnia e Hercegovina. Tras 8 anos nas forzas armadas sacouse unha oposición e formouse en robótica, pasando a traballar na fábrica de Citroën en Vigo[1].
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Ponte Caldelas e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser cabeza de lista socialista e foi elixido alcalde co apoio da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e do BNG, cos cales pasou a gobernar en coalición.[2] Foi un dos principais apoios de Pedro Sánchez en Galicia durante o proceso de primarias de 2017. En decembro de 2017 foi elixido Secretario de Organización provincial do PSdeG en Pontevedra, baixo o mandato de David Regades, mais renunciou en xaneiro de 2018.
Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu ser reelixido con maioría absoluta, superando nesta ocasión o 60 % dos votos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodrigo Cota (18 de marzo de 2023). "Andrés Díaz, el ejército, los robots y la alcaldía". Diario de Pontevedra (en castelán).
- ↑ Barral, Cristina (13 de xuño de 2015). "El socialista Andrés Díaz, nuevo alcalde de Ponte Caldelas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Perfecto Rodríguez Muíños |
Alcalde de Ponte Caldelas 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |