Castroverde
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Lugo | ||||
| Capital | Castroverde | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.478 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 174,2 km² | ||||
| Altitude | 700 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Xosé María Arias Fernández | ||||
| Eleccións municipais en Castroverde | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 27120 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 27011 | ||||
| Sitio web | concellodecastroverde.gal | ||||
Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é castroverdés.[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3][4][5]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003).
| Censo total 2015 | 2.802 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 197 (7,03 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1,617 (57,71 %) |
| Maiores de 65 anos | 988 (35,26 %) |

| Evolución da poboación de Castroverde Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 6189 | 7173 | 8122 | 4617 | 3286 | 3012 | 2933 | 2887 | 2840 | 2823 | 2802 | 2726 | 2676 | 2675 | 2617 | 2595 | 2609 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Localización
[editar | editar a fonte]O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.
Historia
[editar | editar a fonte]Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.
Festas e feiras
[editar | editar a fonte]- Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
- Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
- Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
- Feira, domingos alternos.
- Festa dos Avós, en abril.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Castroverde.
- Torre do Castelo de Castroverde
Lugares de Castroverde
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 45. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 2ª declinación de substantivo neutro. Segundo Lewis & Short, elemento do dicionario vinculado en ligazóns externas, xeneral, ben sexa en singular ou plural, castra cun posible significado de tendas.
- ↑ Campbell 2009, p. 4
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castroverde |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, Duncan B. (2009). Roman Auxiliary Forts 27 BC-AD 378. Oxford: Osprey Publishing. ISBN 978-1-84603-380-3.
