Saltar ao contido

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia
 Nome oficial
    Carballeda de Avia (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.655 (2001) rexistro civil
1.600 (2002) rexistro civil
1.601 (2004) rexistro civil
1.591 (2005) rexistro civil
1.551 (2006) rexistro civil
1.600 (2007) rexistro civil
1.607 (2008) rexistro civil
1.546 (2009) rexistro civil
1.523 (2010) rexistro civil
1.504 (2011) rexistro civil
1.487 (2012) rexistro civil
1.438 (2013) rexistro civil
1.390 (2014) rexistro civil
1.400 (2015) rexistro civil
1.381 (2016) rexistro civil
1.356 (2017) rexistro civil
1.317 (2018) rexistro civil
1.286 (2019) rexistro civil
1.271 (2020) rexistro civil
1.249 (2021) rexistro civil
1.219 (2022) rexistro civil
1.218 (2023) rexistro civil
1.194 (2024) rexistro civil
1.172 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   659 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   627 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   47 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   249 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32412 Editar o valor en Wikidata
Código INE32018 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344755 Editar o valor en Wikidata
VIAF6456157226603085410002 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08v_ Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 94786 Galiciana: 29349 BNE: XX6278642
Wikidata G:Commons C:Commons

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[1] ou aviao.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1390 (2014)
Menores de 15 anos 84 (6,04 %)
Entre 15 e 64 anos 735 (52,88 %)
Maiores de 65 anos 571 (41,08 %)
Evolución da poboación de Carballeda de Avia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3463 3449 3312 2822 1601
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Carballeda de Avia é un composto de Carballeda, derivado da palabra prerromana *CARVALIU co sufixo abundancial -eda, e Avia, o nome dun río e da terra que regaba[3]. Avia contén seguramente a raíz hidronímica indoeuropea *AWER-, presente tamén en Avión[4].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]
Casa do concello.

A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Heráldica

[editar | editar a fonte]

O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Avia

Abelenda das Penas (Santo André) | Balde (San Martiño) | Beiro (San Pedro) | Carballeda (San Miguel) | Faramontaos (San Cosmede) | Muimenta (San Xiao) | Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo) | Vilar de Condes (Santa María)

Lugares de Carballeda de Avia

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.

  1. ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
  2. ↑ Costas González, X.-H. (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
  3. ↑ "Carballeda de Avia". Toponomasticon Hispaniae. Consultado o 03/08/2026.
  4. ↑ "*AVIA". Toponomasticon Hispaniae. Consultado o 03/08/2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.