San Cristovo de Cea
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Ourense | ||||
| Capital | Cea | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.963 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 94,44 km² | ||||
| Altitude | 520 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Luís Valladares Fernández | ||||
| Eleccións municipais en San Cristovo de Cea | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 32139 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 32076 | ||||
| Sitio web | concellodecea.com | ||||
San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Censo total 2014 | 2.418 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 139 (5.75 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.276 (52.77 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.003 (41.48 %) |

| Evolución da poboación de San Cristovo de Cea Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 6.441 | 6.102 | 6.043 | 5.358 | 2.994 | 2.418 | ||||||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"[1].
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]No concello está o Museo Etnográfico de Liste.
Economía
[editar | editar a fonte]O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.
A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de San Cristovo de Cea.
- Torres Mosteiro Oseira.
- Altar Maior Igrexa Abacial de Oseira
- Monumento ás panadeiras e panadeiros.
- Placa altimétrica Concello
- Escudo de San Cristovo de Cea.[3]
- Paseo pola rúa Calvo Sotelo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Cristovo de Cea
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia. concellodecea.com
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ Decreto 296/1989, do 28 de decembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense) Cortado, Primeiro de prata, o penedo de sinople, terragado do mesmo e empinantes. Ó tronco dous osos de sable. Segundo, de azul, cesta de prata e tres -poias- de pan, de ouro, perfiladas de sable. Orla Xeral de prata, cargada da lenda, en letras de azul: Concello de San Cristovo de Cea. Ó timbre coroa real pechada. DOG 13, 18 de xaneiro de 1990 páxina 284.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cristovo de Cea |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
