Juan Manuel Rey Rey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1953 Caldas de Reis |
| 2006 – 30 de decembro de 2024 (dimisión) ← Xosé María Tobío Barreira – Jacobo Pérez Gulín → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
Juan Manuel Rey Rey, nado en Caldas de Reis en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Químicas e profesor. Foi concelleiro do PSdeG-PSOE en Caldas de Reis dende 1995. Foi deputado provincial entre 2003 e 2007. Logo da dimisión de Xosé María Tobío Barreira en decembro de 2006 foi elixido alcalde.[1][2] Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Caldas de Reis e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 2011 foi novamente reelixido por maioría simple, e nas municipais de 2015 logrouno con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. Nas municipais de 2023 foi reelixido grazas a un pacto de goberno co BNG.
O 23 de decembro de 2024, tras 18 anos no cargo, renunciou á alcaldía[3] e a acta de concelleiro.[4] Subistituíuno o número dous da lista socialista, Jacobo Pérez Gulín.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Q., M. (2011-05-12). ""Caldas es un pueblo hecho por los socialistas"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-12-18.
- ↑ Louro, A. (16 de decembro de 2024). "Juan Manuel Rey dejará la Alcaldía de Caldas en las próximas semanas". diariodearousa.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2024.
- ↑ Redacción (17 de decembro de 2024). "Juan Manuel Rey presentará su renuncia como alcalde de Caldas este miércoles". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2024.
- ↑ Barral, Cristina (17 de decembro de 2024). "Relevo en la alcaldía de Caldas de Reis después de 18 años: así será la hoja de ruta para la marcha del histórico Juan Manuel Rey". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2024.
- ↑ Oskar Viéitez (30 de decembro de 2024). "Jacobo Pérez toma posesión como alcalde de Caldas de Reis apoiado polos seus tres predecesores no cargo". Pontevedra Viva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outras páxinas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Xosé María Tobío Barreira |
Alcalde de Caldas de Reis 2006 - 2024 |
Sucesor: Jacobo Pérez Gulín |