Forcarei
Coordenadas: 42°35′31″N 8°21′3″O / 42.59194, -8.35083
Forcarei | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[2] | Forcareiés[1] |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Tabeirós - Terra de Montes |
Poboación | 3.451 hab. (2018) |
Área | 168,4 km² |
Densidade | 20,49 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 parroquias |
Capital do concello | Forcarei |
Política (2015) | |
Alcaldesa | Belén Cachafeiro (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 Outros: FF 1 |
Eleccións municipais en Forcarei | |
Uso do galego[3] (2011) | |
Galegofalantes | 85,70% |
Na rede | |
http://www.forcarei.net | |
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2018 tiña 3.451 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é forcareiés[1].
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Evolución da poboación de Forcarei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
7751 | 8987 | 9040 | 7114 | 4616 | 4108 | 4044 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 3.451 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 259 (7,50 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.728 (51,07 %) |
Maiores de 65 anos | 1.464 (42,42 %) |
No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Sendeirismo[editar | editar a fonte]
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.
A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín
Forcarei na literatura popular[editar | editar a fonte]
- No convento de Acibeiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [4].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.
Vista de Soutelo de Montes.
Monumento á vaca de Maxín Picallo.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Forcarei[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forcarei ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do concello
- Forcarei, Turismo Rías Baixas
- Ruta sendeirista: PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán - SEGATUR
- Ruta sendeirista: PR-G 113 Ruta das Pontes do Lérez - SEGATUR
|
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |