Lois García Carballido
García Carballido en 2016 levando en peregrinación unha carta de protesta á Xunta de Galicia. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Narón |
Alcalde de Ponteceso | |
2015 – 2023 ← José Luis Fondo Aguiar | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor de ensino secundario |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Xosé Lois García Carballido, nado en Narón en 1974, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de inglés en Secundaria. Foi director do IES Agra de Raíces de Cee (2010-2011). Despois trasladouse ao IES de Ponteceso. Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Ponteceso nas eleccións municipais de 2011 e situouse como voceiro da oposición. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura socialista e foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros de APIN e BNG[1], cos cales formou un goberno de coalición. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía ó logra-la maioría absoluta[2].
No outono de 2020 expulsou a 5 dos 8 concelleiros socialistas tras diversas discrepancias, polo que afrontou o resto do mandato en minoría. En abril de 2021 presentouse unha moción de censura encabezada por unha das edís exsocialistas e que contaba co apoio dos edís díscolos e dos demais grupos da oposición, a cal non foi tramitada dado que o voto dos edís díscolos contra un alcalde electo dentro da súa mesma lista non é válido. Nas eleccións municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta e pasou de 8 a 4 concelleiros, se ben continuou a sela candidatura máis votada. Porén, perdeu a alcaldía ó apoiar outros grupos a investidura do candidato do PPdeG José Manuel Mato.
Predecesor: José Luis Fondo Aguiar |
Alcalde de Ponteceso 2015 - 2023 |
Sucesor: José Manuel Mato |